Destacamos

Ratificación na Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista Mocidade ( 11 de Xaneiro do 2009 ).
Seguir lendo...
 

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí

Calendario

Maio 2012
L M X X V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3

Sindicación

Inicio
20 ANOS NON SON NADA - XANTAR

Logo esquerda nacionalista

20 anos non son nada...

Benqueridos amigos,
Benqueridas amigas,
 
O vindeiro 14 de abril e co gallo do 20º Aniversario do nacemento de Esquerda Nacionalista terá lugar un Xantar de Confraternidade na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.  Xantar aberto a todos os amigos e amigas, sexan compañeiros, ex compañeiros de E.N. ou só compeñeiros de viaxe. Sen exclusións. Quen queira vir terá as portas abertas de par en par.
 
Agora que con +G Máis Galiza comezan novos e ilusionantes tempos e retos para o nacionalismo galego, cómpre ter unha despedida sinxela a estes 20 anos de acertos e de erros, de vitorias e derrotas.
 
Intervirán:

Xoán Carlos Bascuas, secretario xeral de Máis Galiza
Xosé Chorén, secretario nacional de Esquerda Nacionalista
Alberte X.Rodríguez Feixóo, presidente de Esquerda Nacionalista
Xosé Manuel Beiras Torrado, exmilitante e fundador de Esquerda Nacionalista

Non podedes faltar!!
Convida a quen consideres poida estar interesado!!
 
Prezo do prato:
20 euros
 
Data tope para apuntarse:
11 de abril (chamando ao 609 820 658 ou enviando un correo a: Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder velo )  

www.maisgaliza.org
www.esquerda-nacionalista.eu

 
Pensar un novo proxecto politico

Image Miguel A. Mato Fondo

Un sábado do mes pasado asistin ao acto no que a Executiva de Esquerda Nacionalista tomou a decisión de abandonar o BNG, a organización na que naceu hai bastantes anos e na que traballou por un proxecto nacionalista, aberto e moderno, capaz de ofrecer un espazo político de referencia.

Ao longo destes anos,tivemos que aturar todo tipo de adversidades que determinaron a nosa existencia agónica,  desde expulsións de militantes nosos até unha constante marxinalidade, nun cerco asfixiante a un pequeno partido que, no entanto, tal vez fose o proxecto máis aberto, dinamizador e moderno de todos os que hai, aínda, no seu do BNG. En todo caso, todos estes factores conducironnos á práctica desaparición, acentuada pola marcha de cualificados militantes na procura doutros espazos máis “glamourosos”.

Creo que o nome BNG está amortizado hai tempo, extraviado, nun proceso de ensimismamento, de perda de referencias, de perda de contacto coa realidade. Para alén diso, no seu da organización, desde hai tempo, existe un malestar interno, unha tensión que fixo irrespirábel a convivencia, e, nese caso, o traballo político. Unha confusión interesada da UPG co BNG, que nos deixaba a moitos militantes nunha condición de marxinalidade. E creo que isto foi a principal razón do abandono de moitas militantes de hai uns anos para aquí. Non hai nesa decisión unha ruptura ideolóxica, e penso que non o houbo na case totalidade dos casos.

A creba do nacionalismo oficial, despois dunha manchea de conversas, opinións, cálculo de posibilidades, fixose realidade.  Os Irmandiños anunciaron que se van, de xeito oficial. Os desencontros coa liña oficial xa eran sabidos e, após a última Asemblea ficaron nun ponto de imposíbel retorno. Non estivemos aló e non é o noso propósito ningún comentario ao respecto. Eu quero pensar, e deixar para sempre nese punto, que todo foi inevitábel e que a ruptura era obrigada. A outra posibilidade, a de refundar un BNG cunha nova estrutura baseada na desaparición de todos os partidos e corrrentes internas, resultaba a esta altura, inimaxinábel. O caso é que a creba abre unha nova etapa no nacionalismo e na súa organización política. Estamos de novo na necesidade dun novo pulo que reoriente as ideas cara os novos tempos.  Non é un rexurdimento da Asemblea de 1982 en Riazor. Debería ser outra cousa, xa que os tempos e as circuntancias outros son. Un novo proxecto que deixe de vez o modelo frentista, caducado e prolongado en exceso, que actuou como freo e non como motor, e que de ningún xeito mostrou esa pretendida pluralidade interna tan exhibida cara o exterior como freada e mesmo reprimida na vida interna do BNG.

Desde logo, fóra do BNG non hai frío ningún. Agora, neste momento da nosa historia, o nacionalismo galego presenta diferencias tanto no propio concepto ideolóxico como na estratexia política. O caso é que  probablemente camiñe cara dúas solucións. Unha, o que temos desde 1982; o outro, o que saia de toda esa diáspora tan dispersa, tan plural. Ou non tanto. Non sei. O caso é que agora son as bases as que o teñen claro. As que apostan por decisións que falan dun novo proxecto. Son elas as que procuran unha vía fóra do BNG. Por canseira, por desengano, por necesidade de sintonizar de novo coa sociedade. Por todo iso e máis. Creo que todas as persoas que deixamos a organización, nos últimos anos, unha fonte que non acouga, deixámola por todo iso. Tamén por cuestións persoais, desencontros con compañeiros e compañeiras, militantes ou simpatizantes, que se expresaron a través de diferencias de criterio non resolvidas.

E isto tamén se relaciona coa necesidade de entender doutro xeito o nacionalismo. A liberdade dunha nova organización, a ilusión no seu proceso de nacemento, a necesidade de afirmación e a solidez intelectual, un novo xeito de entender a militancia, esixe tamén unha nova idea do nacionalismo, acaso tratar de entender todo aquilo que nos convenceu tanto tempo, mais que comezamos a relativizar nalgún momento.

Sería necesario refacer as nosas ideas, os presupostos políticos, a idea de cultura, da nosa cultura, da visión da nazón no seu conxunto. Por iso debemos procurar a sintonía coa nosa propia historia, desde os tempos das Irmandades, a nosa historia, agora modernizada, formulada desde as posibilidades as esixencias do século XXI, a situación da sociedade galega, o seu perfil actual, reformular o concepto do nacionalismo, como conxungalo cunha realidade definida polo fenómeno da globalización. Recrear o noso imaxinario colectivo cunha visión anovadora.

Dentro disto, unha nova visión da cultura galega, revisando conceptos e tópicos hoxe superados, apostando por entroncar a nosa cultura co espazo cultural e lingüístico lusófono. Sen esquecer o idea atlantista e europeísta.

Outro dos alicerces en que deberia encontrar pousadouro a nova organización sería o contacto con todos os movimentos actuais progresistas e criticos co sistema actual de correspondencias politicoeconómicas, cos novos movimentos ecoloxistas e respectuosos co medioambiente, nunha política de permanente resposta ao capitalismo, á explotación económica, á alienación cultural.

Ante eles non podemos permanecer alleos. A resistencia ás formas máis inhumanas do capitalismo, á explotación sistemática da sociedade por iso que xenéricamente chamamos “mercados”, debe axudar a formar alianzas nun outro xeito de globalización.

En fin, relación estreira cunha nova esquerda que ten os seus alicerces nos movementos sociais e no movemento alternativo que abrolla en todo o mundo como as fontes en primavera, e que no contexto político e social da Unión Europea se manifesta como unha tendencia heteroxénea na protesta e disconformidade ante unha situación que os partidos da esquerda maís convencional e socialdemócrata, próximos son incapaces de enfrontar, na súa moderación e transixencia coas políticas máis duras e inxuntas do capitalismo.

E ante esta crise, cando nen sabemos como vai ficar o mapa político nos próximos anos, temos a ocasión e o lugar para unha nova organización que atenda a toda esta situación para darlle resposta cumprida.

Resulta esperanzador ver aos estudantes de novo en asembleas. Un volve os ollos cara o pasado e recorda aquelas celebradas nos setenta en Compostela.

E tamén resulta interesante a manifestación do descontento no proxecto europeo por parte dunha cidadanía cansa de especulacións co seu futuro.

E cal será ou debería ser a actitude dunha nova organización nacionalista galega a respecto de todo isto? : Un compromiso forte coa globalización nos planos humano e social, con garantía para todos os cidadáns no compromiso para manter o estado de benestar.

E todo isto terá de ser materia de análise para a nova organización que saia da descomposición do BNG. Non poderá permanecer illada nunha suposta e evanescente “realidade galega”, senón afirmar os lazos de unión con todo este movemento novo, inédito, extenso e, malia isto, consistente.

O mundo, nestas próximas décadas, será outro e nós non podemos como galegos e como cidadáns do mundo, permanecermos alleos e el, isolados en vellas fórmulas que se teñen manifestado xa como inútiles.

A Coruña, marzo de 2012

 
Vivamos como galegos
Vivamos como galegos.

Por Xoán Manoel Rama Trillo.
Coordinador executivo de Esquerda Nacionalista

Vivamos como galegos é o slogan do anuncio dunha afamada rede de supermercados do noso país, pero teño para mín, que enfatiza e simpatiza hoxe máis co que queren a maioría dos galegos para a súa comunidade, que outros máis ornamentais, que antóllanseme do século pasado, de loitas populares xa trasnoitadas; tamén aceitando e asumindo que foron eficaces no seu momento, mais hoxe son un mantra inservíbel e cansino. Saben a reseso.

Outro grito a valorar e o de liberdade que o actor Mel Gibson lanzou na película Braveheart no papel de William Wallace

A liberdade en todos os seus planos e a
dignidade de vivir como somos deben ser dous dos alicerdes fulcrais sobre os que se debe sustentar a nova forza política que está a cernes de nacer no noso pais.

Unha forza útil, moderna, áxil e progresista, sen que estas palabras sexan finalmente vacuas e sen contido.

Unha organización política que se asente no nacionalismo e o galeguismo máis aberto e universal, con vocación de ter dentro de sí a todos e todas os galegos e galegas que queiran vivir como tales, na que colla a garavata do pai e o percing da filla.

Unha dirección única que arrombe o sentir de todos os colectivos que representan a sociedade civil e este enmarcada na mestura da socialdemocracia europea do Olof Palme e o altermundismo.

Unha plataforma que procure o benestar da nosa sociedade, defendendo o que ela quere, sen máis nin menos, para poder vivir como galegos.

Se así fose, o profesor Beiras bendeceriao e Cuiña “O Vello” tamén.
Seguir lendo...
 
Comunicado

Esquerda Nacionalista decide abandonar o Bloque Nacionalista Galego

A Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista, reunida no día de hoxe sábado 11 de febreiro en Santiago de Compostela sob o único punto na orde do día, continuidade ou non no seo do BNG, tomou por total UNANIMIDADE a seguinte decisión:

Abandonar o Bloque Nacionalista Galego e dar traslado ao conxunto da militancia da decisión para que esta sexa tomada en consideración reunida en asemblea soberana como máximo órgano de decisión e refrendada.

Así mesmo, a Mesa Nacional acordou trasladar ao conxunto da sociedade galega a súa negativa ás medidas adoptadas polo Consello da Xunta de Galicia, presidido polo señor Nuñez Feijóo, ao respecto dos traballadores e traballadoras da función pública galega.

Finalmente, a Mesa Nacional tamén acordou amosar o seu rexeitamento á reforma laboral aprobada en Consello de Ministros do Goberno Español no día de onte.

En Santiago de Compostela a 11 de Febreiro de 2012

Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista
 
Chegada á estación de transbordo

Por Natalia Costas Alonso, ex-militante do BNG, ex-membro da Executiva Comarcal do BNG en Vigo

Fin de etapa, comezo dun novo ciclo.

A pasada Asemblea Nacional do BNG deixou constancia escrita en textos, votacións e xestos de que chegamos definitivamente a fin de traxecto. A altanería do búnker, cunha UPG máis enrocada que nunca na súa presuntuosa lectura da historia fai inviábel calquera outra opción. Foi unha longa etapa de luces e sombras, - con certeza con máis luces que sombras - na tarefa de facer País desde o BNG. Mais toda etapa, todo ciclo chega ao seu fin, morrer para nacer de novo en versos rosalianos.

Nacer con máis forza, con toda a ilusión de quen é consciente da importancia vital que para o noso País ten a construción xa e agora dun novo proxecto. Un novo proxecto achegado a realidade real e non aos vellos catecismos que ate agora obrigaron e mantiveron secuestrado pola UPG ao nacionalismo organizado. Porque non esquezamos nunca que toda apertura, toda a modernización do esgotado BNG foi feita sempre a pesar da UPG. Co esforzo de moitas e moitos que desde os catro puntos cardinais da xeografía do BNG empurramos, cada un na medida das súas forzas e das súas posibilidades, no sentido da historia batendo contra as forzas do inmobilismo que seica prefiren ignorar a caída do Muro de Berlín e que xa aterramos no terceiro milenio.

Plantexar un proxecto ilusionante desde o nacionalismo, desde o galeguismo amplo, integrador e xeneroso, sen atrofiadores excesos de caduca hiperdefinición ideolóxica é unha obriga de todas e todos os que acreditamos en Galicia e na urxencia de camiñar cara adiante. A necesidade de saír dunha vez deste triste día da marmota no que desde hai anos moramos no BNG. Lonxe das tutelas e secuestros do búnker, que máis cedo que tarde terá que dar contas perante a historia da súa miopía, da súa cegueira voluntaria e suicida. o Muro de Berlín e que xa aterramos no terceiro milenio.
 
Conferencia Nacional de Esquerda Nacionalista

ImageConvocatoria con carácter extraordinario e urxente da Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista e da CONFERENCIA NACIONAL .

 Sábado día 11 de febreiro ás 11 da mañá no Paz Nogueira en Santiago de Compostela.
 
Orde do día:


Punto Ünico: Continuidade ou non no seo do B.N.G.

 Compostela 3 de febreiro de 2012

Executiva Nacional

 
EU NON ESTIVEN ALI

EU NON ESTIVEN ALÍ

 

Pedro Gómez-Valadés, Secretario de Comunicación da Executiva de Esquerda Nacionalista

 

Un ano máis xurde entre a friaxe do calendario invernal un novo 27 de xaneiro. Un 27 que ate hai pouco máis de medio século era só a véspera do 28, como moito un modesto Santo Tomé de Aquino no calendario santoral católico ou simplemente, o vixesimoséptimo día do ano no calendario gregoriano. Mais todo iso mudou de xeito brutal e para sempre un 27 de xaneiro de 1945. Ese día, unidades da División número 100 do Exército Roxo, baixo o mando do xeneral Krasávina, entraron en Auschwitz-Birkenau e liberaron aos 2.819 prisioneiros que despois de 5 anos de masacre ficaban con vida. 2.819 testemuñas da infamia, 2.819 testemuñas do horror inexplicábel que asolou o corazón da vella e culta Europa, a nosa Europa, e que converteu para sempre a un vello e frío cuartel do Exército polaco no monumento funerario perenne de máis de millón e medio de seres humanos que desde aqueles días fican soterrados para sempre e como única tumba, no ceo. Tamén no noso ceo. No aire que serviulles como cadaleito despois de que o delirio xenocida os transformase nas cámaras de gas e nos fornos crematorios en parte do aire que agora e por sempre respiramos e respiraremos.

 

Seguir lendo...
 
IMPÚXOSE O SENSO COMÚN

Finalmente impúxose o senso común e Máis Galiza, Encontro Irmandiño e independentes chegan a un acordo para a Asemblea Nacional

Logo das intensas negociacións que se produciron nas últimas semanas, e nun esforzo compartido de xenerosidade, Máis Galiza, Encontro Irmandiño e independentes (nomeadamente Camilo Nogueira) vimos de pechar un importantísimo acordo de cara a XIII Asemblea Nacional do BNG. Animamos a toda a militancia a anotarse a participar nesta vital Asemblea Nacional.  

O acordo, ao que chegouse ao longo do día de hoxe, concrétase, de xeito xenérico, baixo as seguintes condicións

. Documento político e organizativo, como emenda á totalidade: "Novo Proxecto Común, Refundación e .Rexeneración do BNG"

. Candidatura conxunta ao Consello Nacional. 60%(+Galiza), 40% (EI), incorporando nesas porcentaxes aos independentes

.Executiva Nacional. 5 (Máis Galiza), 3 (Encontro Irmandiño

.Candidatura á Portavocía Nacional: Xosé Manuel Beiras

.Candidatura á Presidencia da Xunta: Carlos Aymerich

De seguido reproducimos o comunicado público enviado aos medios de comunicación:

As organizacións políticas integradas no BNG, +GALIZA e ENCONTRO IRMANDIÑO xunto con outros colectivos e grupos de independentes, entendendo que neste proceso é máis o que nos une que o que nos separa, queremos facer público o seguinte acordo para a nosa participación na XIII Asemblea Nacional:

-Asumir como teses para este proceso o documento “NOVO PROXECTO COMÚN, REFUNDACIÓN E REXENERACIÓN DO BNG”, elaborado como fusión das respectivas teses con aportes de outros colectivos e compañeiras e compañeiros independentes, e que será debatido no plenario da Asemblea Nacional.

-Impulsar unha candidatura conxunta, inclusiva e aberta a aquelas persoas e grupos políticos ou de base que apoien unha alternativa a prol dun “novo proxecto común para a rexeneración e refundación do BNG” reflectido nas nosas teses conxuntas. A candidatura conxunta ao Consello Nacional será encabezada por Xosé Manuel Beiras Torrado. A persoa que optará a candidato do BNG á Xunta de Galicia será Carlos Aymerich Cano.

-Facer un chamamento á participación da militancia do BNG no Plenario da Asemblea Nacional os vindeiros 28 e 29 de Xaneiro, para dar respaldo a esta iniciativa co seu apoio democrático imprescindíbel.

-Somos conscientes da importancia do paso dado que resposta á demanda expresada por unha grande parte da base social do BNG e da súa contorna. Estamos convencidos de que esas demandas non se verán defraudadas.

Galiza a 19 de xaneiro de 2012

 
COMUNICADO

ESQUERDA NACIONALISTA FAI UN CHAMADO AO SENSO COMÚN DAS PARTES PARA EVITAR QUE A XIII ASEMBLEA NACIONAL SEXA OUTRA OPORTUNIDADE PERDIDA

 

Esquerda Nacionalista (EN) fai un chamado ao senso común daqueles sectores que consideran que a XIII Asemblea Nacional é a última oportunidade para o BNG e interesados na súa rexeneración democrática.

 

Se ben até hai días o Encontro Irmandiño e Máis Galiza alimentaran a Esperanza dunha militancia abondo desilusionada coa aprobación dun documento conxunto alternativo á maioría que actualmente controla o BNG, as últimas novas en que, por causa do reparto nas cuotas de poder, se parecen impor os vellos egoísmos parroquianos sobre a construción dunha Alternativa críbel pode facer que a XIII Asemblea Nacional sexa outra oportunidade perdida para os que desexan que o Bloque sexa unha ferramenta útil para a construción nacional da Galiza.

 

A gravidade da situación actual, cun BNG que non deixa de esmorecer a cada convocatoria electoral, esixe das partes interesadas na súa rexeneración democrática Responsabilidade e altura de miras alén das cuotas de poder que un determinado sector poda ter nun momento. Caso non facelo, a responsabilidade non será allea, senón daqueles que antepoñen os seus intereses grupais aos do obxectivo da abertura real do Bloque á sociedade.

 

Por todo isto, EN apela á responsabilidade das partes nos días que faltan para a celebración da XIII Asemblea Nacional. As Esperanzas dos e das que acreditan na refundación dun proxecto nacionalista democrático non se poden ver frustradas, máis unha vez, por egoísmos de siglas. A responsabilidade non é só frente ao Bloque como organización política, senón frente ao noso País.

 
A SHOAH É NÓS
Recordemos hoxe e por sempreA SHOAH É NÓS
Pedro Gómez-Valadés.
Secretario de Comunicación na Executiva Nacional de Esquerda Nacionalista
 
Cada 27 de Xaneiro, desde que no ano 2005 e con máis de medio século de retraso as Nacións Unidas na súa resolución 60/7 declarasen que o día no que en 1945 Auschwitz-Birkenau foi liberado ficara por sempre como día de recordo e homenaxe ás vítimas do Holocausto, cada 27 de Xaneiro, alumea como un faro a nosa conciencia.
Seguir lendo...
 
TORRES QUEIRUGA E A VIETNAMITA
Xoan Rama TrilloPor Xoán Rama Trillo. Coordinador executivo de Esquerda Nacionalista
A vietnamita estaba tras un dos altares da Catedral.

A ollada, a aquel home alto, grande  e rexo, enriba do púlpito, cos brazos en alto predicando, semellaba estares  ante o mesmo Torquemada imaxinario. Vaia alarde de vaídade. Disparaba palabras coma unha metralladora que atronaba todos e cada un dos arcos da Sé de Compostela.
Seguir lendo...
 
Pola liberdade dos presos políticos cubanos
Image
Pola excarceración inmediata e incondicional de todos os presos políticos nos cárceres cubanos; polo respecto ao exercicio, a promoción e a defensa dos dereitos humanos en calquera parte do mundo; polo decoro e o valor de Orlando Zapata Tamayo, inxustamente encarcerado e brutalmente torturado nas prisións castristas, morto en folga de fame denunciando estes crimes e a falta de dereitos e democracia no seu país; polo respecto á vida de quen corre o risco de morrer coma el para impedir que o goberno de Fidel e Raúl Castro continúe eliminando fisicamente aos seus críticos e opositores pacíficos, condenándoos a penas de até 28 anos de cárcere por "delitos" de opinión; polo respecto á integridade física e moral de cada persoa; asinamos esta carta, e exhortamos a asinala a todos os que elixiron defender a súa liberdade e a liberdade dos outros.
 
20 mentiras sobre a lingua galega

portada Dirixido por Xose-Henrique Costas e editado por Laiovento, esta publicación pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade. Co gallo de ofrecer unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden os negacionistas do idioma, sae publicado este esperado libro útil, unha obra rigorosa que, paseniño e cun ton distendido, avanza até desmontar por completo, unha por unha, as principais falacias que ao correr da historia se veñen vertendo sobre a lingua galega, facendo fincapé naquelas que, por diversas razóns que tamén o libro pon de relevo, a día de hoxe teñen un maior calado na sociedade.

Podes ler aquí a Presentación-resumo: Vinte mentiras sobre a lingua galega

 
No Día da Memoria do Holocausto

Por Pedro Gómez-Valadés, Secretario de Comunicación da Executiva Nacional de Esquerda Nacionalista

shoaNunha entrevista emitida pola televisión poucos anos antes da súa morte, Violela Friedman, (Transilvania 1930 - Madrid 2000) dicía que o principal reto, a encomenda que ela quería transmitir ás novas xeracións, era a de que o que ela denominaba “o ruído insoportábel da historia” non conseguira apagar as voces dos sobreviventes do Holocausto. Da Soáh na milenaria lingua Hebrea. Esa é a principal tarefa que como demócratas e militantes na nosa condición humana, debemos marcarnos cada 27 de xaneiro. 

Seguir lendo...
 
EIRE DI QUE SI

logo da campaña Eire di que si. Por Xosé Antón Ferrón militante de Esquerda Nacionalista residente en Eire
 
As cinco desta tarde, hora irlandesa, faránse oficiais os resultados do referendum polo que o povo irladés ratifica o Tratado de Lisboa.
Esta é a segunda vez que os irlandeses son chamados as urnas coa mesma pregunta, logo de que en Xuño de 2008 o "non" gañase por un apretado marxe do 53.4% contra do  46.6% que votara afirmativamente.

Seguir lendo...
 
A VOLTA AO GHETO LINGÜISTICO
imaxe É indiscutíbel que nos últimos meses as noticias que se refiren á lingua non son precisamente para botar foguetes festeiros.
Primeiro, unha nova entrega do Mapa Sociolingüístico Galego, elaborado polo Seminario de Sociolingüística da RAG, corroboraba que a tendencia á perda acelerada do galego como lingua das camadas máis novas da sociedade seguía acrecentándose. Por Manuel Portas.
Seguir lendo...
 
APOIO PARA O MOVEMENTO REVOLUCIONARIO IRANIANO

logo Comunicado do Partido Comunista dos Traballadores de Irán
Por Maryam Namazie, Mina Ahadi, Fariborz Pooya, Bahram Soroush, Mahin Alipour, Afsaneh Vahdat, Abe Asadi, Farshad Husseini, Farideh Arman, Karim Shahmohammadi e Fereshteh Moradi 
http://worker-communistpartyofiran.blogspot.com/ 

Pobos do mundo. Somos os vosos veciños, amigos, amantes, colegas e compañeiros. Coñecédesnos. Vivimos xuntos e loitado xuntos, polos dereitos laborais, contra a Sharia, polos dereitos civís, polo dereito de asilo, contra as lapidacións e as execucións, contra o relativismo cultural, contra as escolas confesionais e contra as leis que perseguen a apostasía; loitamos xuntos pola liberdade de expresión, o laicismo e o racionalismo, contra o Islam político e contra o militarismo de Estados Unidos. 

Seguir lendo...
 
IRÁN DEBE CELEBRAR NOVAS ELECCIÓNS

foto Por Shirin Ebadi, avogada e activista polos dereitos humanos. Premio Nobel da Paz 2003, foi a primeira cidadá iraniana e a primeira muller musulmá en recibir este galardón. 

O luns 15 de xuño, máis dun millón de persoas manifestouse polas rúas de Teherán en apoio a Mir Hosein Musaví e Mehdi Karrubi, dous dos candidatos presidenciais derrotados nas eleccións iranianas. Os manifestantes protestaban polos resultados electorais feitos públicos polas autoridades. O seu destino era a praza Azadi (da Liberdade). Devandita praza, na época da Revolución Islámica de hai 30 anos, foi o punto de encontro dos revolucionarios. Musaví subiuse ao alto dun minibús e, megáfono en man, dirixiuse á xente congregada. Díxolles que seguisen coas súas protestas, pero evitando comportamentos agresivos que desen un pretexto ás forzas de seguridade para responder con violencia.

Seguir lendo...
 
ONDE ESTÁ O MEU VOTO?

Logo onde está o meu voto
A asociación SOLIDARIOS CON IRAN convoca a todos os cidadáns a unha manifestación ante o Ministerio de Asuntos Exteriores en Madrid mañá venres 19 de xuño ás 18:00 h. As eleccións presidenciais iranianas do 12 de xuño daban como vencedor ao até agora presidente, Mahmud Ahmadinejad. Algúns dos partidos da oposición entre os que se atopa o candidato opositor, Mir Husein Musaví, denunciaban a existencia de fraude no proceso electoral. Desde entón veñen repetindo protestas cidadás nas rúas de Teherán e moitas outras cidades iranianas.
.
A resposta das autoridades iranianas non se fixo agardar, peche de periodicos nacionais e fortes restricións aos medios de comunicación estranxeiros para o cubrimiento das manifestacións, detención de decenas de lideres reformistas, intelectuais e xornalistas, bloqueo de páxinas web para impedir a circulación de informacións, corte do sistema SMS, un dos poucos medios dos que a xente dispón para circular información, prohibición a calquera tipo de manifestación e unha fortísima represión policial enviando ás rúas e residencias de estudantes a policias e "Basij" milicianos islámicos. Segundo fontes oficiais durante a manifestación de protesta do luns, ademais de varios feridos, morreron polo menos oito persoas en Teherán, a capital de Irán.
.
Ante a flagrante violación de valores universais como o proceso democrático, a liberdade de expresión e o dereito da xente a manifestarse de xeito pacífico, desde a Asociación SOLIDARIOS CON IRAN e sob o lema Onde está o meu voto? convocámosvos a unha manifestación perante o Ministerio de Asuntos Exteriores para demandar que o goberno español non recoñeza os resultados da primeira volta das eleccións presidenciais iranianas do 12 de xuño como xa o fixo o goberno francés.
http://www.solidariosconiran.org/
Podes ver unha impactante galería fotográfica: AQUI...

Desde a Esquerda Nacionalista queremos manifestar o noso total apoio á convocatoria da manifestación e xa que logo, a nosa solidariedade coa xusta loita do pobo iraniano pola Democración e a Liberdade.

 
HOMENAXE A MIGUEL MATO FONDO

Miguel Mato A Asociación Cultural Monte Branco e a Fundación Eduardo Pondal rendéronlle homenaxe en Ponteceso ao profesor e escritor Miguel Mato Fondo, fillo egrexio da vila do Anllóns. E hai que felicitar ás dúas institucións pontecesás por teren reparado, con grande acerto, en Miguel Mato (1953) para levar a cabo un recoñecemento público do labor literario e a prol da cultura que o escritor realizou no tempo e realiza na actualidade. 

Seguir lendo...
 
UNHA POLÍTICA LINGÜISTIÍCA INCENDIARIA

Mal pinta para a convivencia lingüística. As últimas declaracións do Conselleiro de Educación sobre as medidas que pretende levar adiante para regulamentar os usos lingüísticos no ensino, non só non introduciron doses de ponderación e prudencia nun ambiente xa de por si caldeado, senón que a maiores abriron novos interrogantes, mesmo legai s, sobre o modelo á carta que o PP quere instaurar nos centros educativos. Por Manuel Portas. Militante de Esquerda Nacionalista

Seguir lendo...
 
O DÍA DESPOIS

Foto de Alberte Alberte Feixóo ve un "punto e aparte" con la división a la mitad del núcleo dirigente

Considera que el futuro decidirá cuál de las dos visiones, "distintas e contraditorias" , se abre paso después de un año de trabajo delante de la militancia.

Seguir lendo...
 
XA NA RÚA UN NOVO EN-Galiza

Enlace con EN-Galiza primavera

O voceiro nacional de Esquerda Nacionalista, ENGaliza chega ao seu número 10 con textos de Ana Miranda, Xavier Freire, Fernando R.Dacosta, Mar Lasca, Jaume Renyer, Xosé María Moreno e Manolo Portas.
 
Podes xa descargalo en pdf ou ben se o prefires envianos un correo a Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder velo

 
GALIZA, EUROPA, NOMES DE MULLER

 Foto Ana Miranda Ana Miranda - Candidata do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeo 

Na mitoloxía Europa era unha muller, filla de Agenor, o rei de Fenicia, educada por Xúpiter, trasformada en touro, que ia a illa de Creta. Era pois unha muller desterrada, expatriada, con influencias propias e alleas.

Seguir lendo...
 
CARTA ABERTA DE CAMILO NOGUEIRA
Foto Camilo Nogueira Quero mostrar o meu total desacordo con a decisión tomada, a instancia de CiU, pola Comisión Executiva en funcións do BNG, e depois polo Consello Nacional, sobre a renuncia ao escano de deputado que me pertence. Creo que tomaron unha decisión moi prexudicial para Galiza e o que nela representa o nacionalismo galego. Perante a posibilidade de estar como BNG no Parlamento Europeu no remate desta lexislatura a Comisión Executiva aceitou decontado as posicións de Converxencia e Unió, a mesma que contra os nosos intereses acababa de romper o pacto Galeusca que outorgaba a Galiza a terceira posición na candidatura das eleicións europeas. A negativa Carta de CiU nen siquer foi apresentada na reunión da Comisión Executiva que tomou a decisión favorábel a organización catalá.
Seguir lendo...
 
MÁIS DO MESMO NO BNG
Despois das pasadas eleccións os actuais responsables da Dirección do noso BNG -que nos meteron nesta catástrofe non só electoral, desastre político e económico, xa me gustaría a min saber canto é a débeda e como imos saír dela- se volven a presentar para seguir dirixindo, problablemente, do mesmo xeito o Bloque.
Seguir lendo...
 
EN preocupada por "que todo cambie para que todo siga igual"

http://www.galiciae .com/nova/ 28502.html

10/04/2009 - Axencia Galega de Noticias 

Esquerda Nacionalista (EN), una de las corrientes existentes en el seno del BNG, defendió la necesidad de ser ''muy escrupulosos' ' a la hora de hacer plural y abierto a la militancia el proceso de renovación en el que está inmerso el Bloque. Asimismo, mostraron su preocupación por el riesgo de que el proceso acabe derivando -al estilo de la paradoja de la obra 'El gatopardo' de Lampedusa- en un 'que todo cambie para que todo permanezca igual'.
Seguir lendo...
 
ASEMBLEA EXTRAORDINARIA - ELECCIÓNS EUROPEAS
calendario Información sobre o calendario para a asemblea nacional extraordinaria e para as eleccións europeas.

O vindeiro martes día 31 de marzo remata o prazo para porse ao día no pago das cotas ao BNG.
Seguir lendo...
 
COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS REDACTORAS DOS TEXTOS
Foto

Tal como o pasado día 14 aprobou o Consello Nacional do BNG, e para a redacción do Documento Político da vindeira Asemblea Nacional Extraordinaria, ficou constituída unha Comisión cos seguintes membros do CN en funcións:

Seguir lendo...
 
COMUNICADO DA EXECUTIVA NACIONAL
Logo esquerda nacionalista A Comisión Executiva de Esquerda Nacionalista, após participar activamente por medio dos seus representantes no Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego, quere facer públicas as seguintes valoracións...
Seguir lendo...
 
INTERVENCIÓN DO SECRETARIO NACIONAL
Xosé Choren Falabamos antes deste proceso electoral do novidoso da situación que nos tocaba enfrontar. Certamente, coido que tanto por nova, canto polo fracaso que supuxo, colocounos nunha situación ben delicada, o nacionalismo contra as cordas a primeira de cambio, despois de ter chegado a unha meta longamente anceiada, ao goberno da Nazón, da nosa Nazón.
Seguir lendo...
 
O ENROQUE - César Pazos
foto Sempre tiven a impresión de que a escasa cultura democrática, na práctica, do BNG era a causa das formas stalinistas imperantes dentro da nosa organización.
Seguir lendo...
 
Comunicado da Executiva Nacional

COMUNICADO DA EXECUTIVA DE ESQUERDA

NACIONALISTA A TODA A MILITANCIA

No día de hoxe 2 de Marzo de 2009, reunida a comisión executiva de Esquerda Nacionalista en sesión ordinaria, tendo como punto único da orde do día a avaliación do resultado electoral da convocatoria nacional celebrada no día onte, esta decidiu trasladar ao conxunto da militancia as seguintes conclusións que son o resultado da valoración feita:

PRIMEIRO.-  A  Executiva de Esquerda Nacionalista considera que  o resultado colleitado polo BNG neste proceso electoral é un fracaso estrepitoso e absoluto, sobre todo si se ten en conta que eramos goberno, e que polo tanto se tiñan a disposición todos os resortes, loxísticos e económicos  propios de quen exerce o poder. Nen sequer o multimillonario investimento da campaña foi quen de paliar minimamente o rotundo fracaso.

SEGUNDO.-  A xuízo de esta Executiva, as razóns de índole endóxena, que acarretaron estos nefastos resultados para o nacionalismo teñen a ver entre outras coas seguintes razóns:

·          Ausencia, en xeral, de ideoloxía na práctica da acción de goberno limitándose en boa medida,  a xestionar o herdado.

·         Ausencia de participación da militancia propiciada desde a dirección da organización o que se traduciu nunha perfecta disfunción entre a militancia e a acción do goberno

·         Reforma asemblear de consecuencias funestas para a convivencia interna da frente

·        Existencia de un corpus de militantes asalariados limitados só a transmitir  ordes, e que pouco ou nada aportaron a divulgación interna do traballo feito desde o goberno, a fornecer de argumentos á militancia para que ésta cumplirá o seu papel de testemuña de esa acción.

·        Non saber comunicar á cidadanía os logros conseguidos nas distintas áreas gobernadas polo BNG, e as súas consecuencias para o país.

·         Exceso de soberbia no exercicio do poder.

TERCEIRO.- A actual dirección do BNG ten sido advertida desde os albores da lexislatura, nomeadamente polos representantes de Esquerda Nacionalista nos órganos de goberno, dos perigos de este tipo de prácticas e do que isto podería acarretar. Constátase que sempre se fixo caso omiso de estos avisos.

CUARTO.- Os custos de perder  o goberno, de defraudar a cidadanía en nome do nacionalismo,vai supor, a xuízo de esta Executiva, un trauma difícilmente superabel  nun longo período, e consecuentemente a pérdida dunha formidabel oportunidade de levar ao BNG a ser a forza capaz de dirixir os destinos de Galiza como nazón.

QUINTO.- Para a Executiva de  Esquerda Nacionalista o futuro pasa por comezar un proceso serio de rexeneración democrática interna. Este proceso ten que permitir necesariamente a participación de TODA a militancia. E preciso que sexa certo o eslogan de que todos e todas somos necesarios e necesarias.

SEXTO.- Como propostas concretas a actual dirección considera as dúas seguintes:

·         A convocatoria urxente dunha Asemblea Xeral Extraordinaria aberta a toda militancia

·         A dimisión do Portavoz Nacional entendendo que éste debe asumir en primeira persoa as responsabilidades derivadas dos nefastos resultados colleitados no dia de onte, e preservar de este xeito ao BNG das consecuencias dun proceso de desgaste que lastren a sua  visualización como alternativa de goberno, que só será, como froito da preceptiva rexeneración democrática interna que reclamamos. 

 Este comunicado será distribuido entre toda a militancia e divulgado na páxina web do partido.

 En Compostela a 2 de Marzo de 2009

 
CANDIDATURAS
Logo de Esquerda Nacionalista Candidaturas. Abstención no Consello Nacional do BNG
Seguir lendo...
 
MESA NACIONAL DE ESQUERDA NACIONALISTA MOCIDADE
Logo de Esquerda Nacionalista Mocidade Ratificación na Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista Mocidade ( 11 de Xaneiro do 2009 ).
Seguir lendo...
 
CEN ANOS DE "EL PROGRESO"
Xosé Anxo Laxe Xosé Anxo Laxe, Militante de Esquerda Nacionalista e Voceiro do Grupo Municipal do BNG en Lugo, felicita a "El Progreso" polos seus cen anos de vida.
Seguir lendo...
 
OS EFECTOS INVISÍBEIS DA CRISE ECONÓMICA
Nas crises económicas, os que máis pagan son os que menos culpa teñen. Nada menos virtual que unha convulsión económica. Artigo de Manuel Portas.
Seguir lendo...
 
PLURINGÜISMO E SISTEMA EDUCATIVO
No mundo en que nos movemos, favorecer as capacidades comunicativas noutros idiomas para alén do propio debe ser un obxectivo estratéxico do sistema educativo. Artigo de Manuel Portas.
Seguir lendo...
 
O GALEGO NAS AULAS
Levábamos anos agardando a que as declaracións de boas intencións para co idioma do país por parte dos nosos representantes comezasen a plasmarse tamén en marcos regulamentarios e medidas reais que favorecesen a normalización do galego no ensino.
Artigo escrito por Manolo Portas, militante de Esquerda Nacionalista.
Seguir lendo...
 
Enlace con

Enquisa

Considera necesaria unha nova organización nacionalista fóra e independente do BNG?
 

AFILIATE

Enlace con
Enlace con