Por Xoán Rama Trillo. Coordinador executivo de Esquerda Nacionalista
A vietnamita estaba tras un dos altares da Catedral. A ollada, a aquel home alto, grande e rexo, enriba do púlpito, cos brazos en alto predicando, semellaba estares ante o mesmo Torquemada imaxinario. Vaia alarde de vaídade. Disparaba palabras coma unha metralladora que atronaba todos e cada un dos arcos da Sé de Compostela.
Pola excarceración inmediata e incondicional de todos os presos políticos nos cárceres cubanos; polo respecto ao exercicio, a promoción e a defensa dos dereitos humanos en calquera parte do mundo; polo decoro e o valor de Orlando Zapata Tamayo, inxustamente encarcerado e brutalmente torturado nas prisións castristas, morto en folga de fame denunciando estes crimes e a falta de dereitos e democracia no seu país; polo respecto á vida de quen corre o risco de morrer coma el para impedir que o goberno de Fidel e Raúl Castro continúe eliminando fisicamente aos seus críticos e opositores pacíficos, condenándoos a penas de até 28 anos de cárcere por "delitos" de opinión; polo respecto á integridade física e moral de cada persoa; asinamos esta carta, e exhortamos a asinala a todos os que elixiron defender a súa liberdade e a liberdade dos outros.
Dirixido por Xose-Henrique Costas e editado por Laiovento, esta publicación pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade. Co gallo de ofrecer unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden os negacionistas do idioma, sae publicado este esperado libro útil, unha obra rigorosa que, paseniño e cun ton distendido, avanza até desmontar por completo, unha por unha, as principais falacias que ao correr da historia se veñen vertendo sobre a lingua galega, facendo fincapé naquelas que, por diversas razóns que tamén o libro pon de relevo, a día de hoxe teñen un maior calado na sociedade.
Por Pedro Gómez-Valadés, Secretario de Comunicación da Executiva Nacional de Esquerda Nacionalista
Nunha entrevista emitida pola televisión poucos anos antes da súa morte, Violela Friedman, (Transilvania 1930 - Madrid 2000) dicía que o principal reto, a encomenda que ela quería transmitir ás novas xeracións, era a de que o que ela denominaba “o ruído insoportábel da historia” non conseguira apagar as voces dos sobreviventes do Holocausto. Da Soáh na milenaria lingua Hebrea. Esa é a principal tarefa que como demócratas e militantes na nosa condición humana, debemos marcarnos cada 27 de xaneiro.
Eire di que si. Por Xosé Antón Ferrón militante de Esquerda Nacionalista residente en Eire
As cinco desta tarde, hora irlandesa, faránse oficiais os resultados do referendum polo que o povo irladés ratifica o Tratado de Lisboa. Esta é a segunda vez que os irlandeses son chamados as urnas coa mesma pregunta, logo de que en Xuño de 2008 o "non" gañase por un apretado marxe do 53.4% contra do 46.6% que votara afirmativamente.
É indiscutíbel que nos últimos meses as noticias que se refiren á lingua non son precisamente para botar foguetes festeiros.
Primeiro, unha nova entrega do Mapa Sociolingüístico Galego, elaborado polo Seminario de Sociolingüística da RAG, corroboraba que a tendencia á perda acelerada do galego como lingua das camadas máis novas da sociedade seguía acrecentándose. Por Manuel Portas.
Comunicado do Partido Comunista dos Traballadores de Irán Por Maryam Namazie, Mina Ahadi, Fariborz Pooya, Bahram Soroush, Mahin Alipour, Afsaneh Vahdat, Abe Asadi, Farshad Husseini, Farideh Arman, Karim Shahmohammadi e Fereshteh Moradi http://worker-communistpartyofiran.blogspot.com/
Pobos do mundo. Somos os vosos veciños, amigos, amantes, colegas e compañeiros. Coñecédesnos. Vivimos xuntos e loitado xuntos, polos dereitos laborais, contra a Sharia, polos dereitos civís, polo dereito de asilo, contra as lapidacións e as execucións, contra o relativismo cultural, contra as escolas confesionais e contra as leis que perseguen a apostasía; loitamos xuntos pola liberdade de expresión, o laicismo e o racionalismo, contra o Islam político e contra o militarismo de Estados Unidos.
Por Shirin Ebadi, avogada e activista polos dereitos humanos. Premio Nobel da Paz 2003, foi a primeira cidadá iraniana e a primeira muller musulmá en recibir este galardón. O luns 15 de xuño, máis dun millón de persoas manifestouse polas rúas de Teherán en apoio a Mir Hosein Musaví e Mehdi Karrubi, dous dos candidatos presidenciais derrotados nas eleccións iranianas. Os manifestantes protestaban polos resultados electorais feitos públicos polas autoridades. O seu destino era a praza Azadi (da Liberdade). Devandita praza, na época da Revolución Islámica de hai 30 anos, foi o punto de encontro dos revolucionarios. Musaví subiuse ao alto dun minibús e, megáfono en man, dirixiuse á xente congregada. Díxolles que seguisen coas súas protestas, pero evitando comportamentos agresivos que desen un pretexto ás forzas de seguridade para responder con violencia.
A asociación SOLIDARIOS CON IRAN convoca a todos os cidadáns a unha manifestación ante o Ministerio de Asuntos Exteriores en Madrid mañá venres 19 de xuño ás 18:00 h. As eleccións presidenciais iranianas do 12 de xuño daban como vencedor ao até agora presidente, Mahmud Ahmadinejad. Algúns dos partidos da oposición entre os que se atopa o candidato opositor, Mir Husein Musaví, denunciaban a existencia de fraude no proceso electoral. Desde entón veñen repetindo protestas cidadás nas rúas de Teherán e moitas outras cidades iranianas. . A resposta das autoridades iranianas non se fixo agardar, peche de periodicos nacionais e fortes restricións aos medios de comunicación estranxeiros para o cubrimiento das manifestacións, detención de decenas de lideres reformistas, intelectuais e xornalistas, bloqueo de páxinas web para impedir a circulación de informacións, corte do sistema SMS, un dos poucos medios dos que a xente dispón para circular información, prohibición a calquera tipo de manifestación e unha fortísima represión policial enviando ás rúas e residencias de estudantes a policias e "Basij" milicianos islámicos. Segundo fontes oficiais durante a manifestación de protesta do luns, ademais de varios feridos, morreron polo menos oito persoas en Teherán, a capital de Irán. . Ante a flagrante violación de valores universais como o proceso democrático, a liberdade de expresión e o dereito da xente a manifestarse de xeito pacífico, desde a Asociación SOLIDARIOS CON IRAN e sob o lema Onde está o meu voto? convocámosvos a unha manifestación perante o Ministerio de Asuntos Exteriores para demandar que o goberno español non recoñeza os resultados da primeira volta das eleccións presidenciais iranianas do 12 de xuño como xa o fixo o goberno francés. http://www.solidariosconiran.org/ Podes ver unha impactante galería fotográfica: AQUI...
Desde a Esquerda Nacionalista queremos manifestar o noso total apoio á convocatoria da manifestación e xa que logo, a nosa solidariedade coa xusta loita do pobo iraniano pola Democración e a Liberdade.
A Asociación Cultural Monte Branco e a Fundación Eduardo Pondal rendéronlle homenaxe en Ponteceso ao profesor e escritor Miguel Mato Fondo, fillo egrexio da vila do Anllóns. E hai que felicitar ás dúas institucións pontecesás por teren reparado, con grande acerto, en Miguel Mato (1953) para levar a cabo un recoñecemento público do labor literario e a prol da cultura que o escritor realizou no tempo e realiza na actualidade.
Mal pinta para a convivencia lingüística. As últimas declaracións do Conselleiro de Educación sobre as medidas que pretende levar adiante para regulamentar os usos lingüísticos no ensino, non só non introduciron doses de ponderación e prudencia nun ambiente xa de por si caldeado, senón que a maiores abriron novos interrogantes, mesmo legai s, sobre o modelo á carta que o PP quere instaurar nos centros educativos. Por Manuel Portas. Militante de Esquerda Nacionalista
Ana Miranda - Candidata do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeo
Na mitoloxía Europa era unha muller, filla de Agenor, o rei de Fenicia, educada por Xúpiter, trasformada en touro, que ia a illa de Creta. Era pois unha muller desterrada, expatriada, con influencias propias e alleas.
Alberte Feixóo ve un "punto e aparte" con la división a la mitad del núcleo dirigente
Considera que el futuro decidirá cuál de las dos visiones, "distintas e contraditorias" , se abre paso después de un año de trabajo delante de la militancia.
O voceiro nacional de Esquerda Nacionalista, ENGaliza chega ao seu número 10 con textos de Ana Miranda, Xavier Freire, Fernando R.Dacosta, Mar Lasca, Jaume Renyer, Xosé María Moreno e Manolo Portas.
Podes xa descargalo en pdf ou ben se o prefires envianos un correo a
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder velo
Quero mostrar o meu total desacordo con a decisión tomada, a instancia de CiU, pola Comisión Executiva en funcións do BNG, e depois polo Consello Nacional, sobre a renuncia ao escano de deputado que me pertence. Creo que tomaron unha decisión moi prexudicial para Galiza e o que nela representa o nacionalismo galego. Perante a posibilidade de estar como BNG no Parlamento Europeu no remate desta lexislatura a Comisión Executiva aceitou decontado as posicións de Converxencia e Unió, a mesma que contra os nosos intereses acababa de romper o pacto Galeusca que outorgaba a Galiza a terceira posición na candidatura das eleicións europeas. A negativa Carta de CiU nen siquer foi apresentada na reunión da Comisión Executiva que tomou a decisión favorábel a organización catalá.
Esquerda Nacionalista (EN), una de las corrientes existentes en el seno del BNG, defendió la necesidad de ser ''muy escrupulosos' ' a la hora de hacer plural y abierto a la militancia el proceso de renovación en el que está inmerso el Bloque. Asimismo, mostraron su preocupación por el riesgo de que el proceso acabe derivando -al estilo de la paradoja de la obra 'El gatopardo' de Lampedusa- en un 'que todo cambie para que todo permanezca igual'.
Despois das pasadas eleccións os actuais responsables da Dirección do noso BNG -que nos meteron nesta catástrofe non só electoral, desastre político e económico, xa me gustaría a min saber canto é a débeda e como imos saír dela- se volven a presentar para seguir dirixindo, problablemente, do mesmo xeito o Bloque.
Tal como o pasado día 14 aprobou o Consello Nacional do BNG, e para a redacción do Documento Político da vindeira Asemblea Nacional Extraordinaria, ficou constituída unha Comisión cos seguintes membros do CN en funcións: