Por Xoán Rama Trillo. Coordinador executivo de Esquerda Nacionalista
A vietnamita estaba tras un dos altares da Catedral.
A ollada, a aquel home alto, grande e rexo, enriba do púlpito, cos brazos en alto predicando, semellaba estares ante o mesmo Torquemada imaxinario. Vaia alarde de vaídade. Disparaba palabras coma unha metralladora que atronaba todos e cada un dos arcos da Sé de Compostela. |
|
Seguir lendo...
|
|
|
|
|
Pola excarceración inmediata e incondicional de todos os presos políticos nos cárceres cubanos; polo respecto ao exercicio, a promoción e a defensa dos dereitos humanos en calquera parte do mundo; polo decoro e o valor de Orlando Zapata Tamayo, inxustamente encarcerado e brutalmente torturado nas prisións castristas, morto en folga de fame denunciando estes crimes e a falta de dereitos e democracia no seu país; polo respecto á vida de quen corre o risco de morrer coma el para impedir que o goberno de Fidel e Raúl Castro continúe eliminando fisicamente aos seus críticos e opositores pacíficos, condenándoos a penas de até 28 anos de cárcere por "delitos" de opinión; polo respecto á integridade física e moral de cada persoa; asinamos esta carta, e exhortamos a asinala a todos os que elixiron defender a súa liberdade e a liberdade dos outros.
|
|
|
Dirixido por Xose-Henrique Costas e editado por Laiovento, esta publicación pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade. Co gallo de ofrecer unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden os negacionistas do idioma, sae publicado este esperado libro útil, unha obra rigorosa que, paseniño e cun ton distendido, avanza até desmontar por completo, unha por unha, as principais falacias que ao correr da historia se veñen vertendo sobre a lingua galega, facendo fincapé naquelas que, por diversas razóns que tamén o libro pon de relevo, a día de hoxe teñen un maior calado na sociedade.
Podes ler aquí a Presentación-resumo: Vinte mentiras sobre a lingua galega |
|
|
Por Pedro Gómez-Valadés, Secretario de Comunicación da Executiva Nacional de Esquerda Nacionalista
Nunha entrevista emitida pola televisión poucos anos antes da súa morte, Violela Friedman, (Transilvania 1930 - Madrid 2000) dicía que o principal reto, a encomenda que ela quería transmitir ás novas xeracións, era a de que o que ela denominaba “o ruído insoportábel da historia” non conseguira apagar as voces dos sobreviventes do Holocausto. Da Soáh na milenaria lingua Hebrea. Esa é a principal tarefa que como demócratas e militantes na nosa condición humana, debemos marcarnos cada 27 de xaneiro. |
|
Seguir lendo...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 1 - 9 de 37 |