OO 10 de marzo de 1972, caian mortos
por disparos da policía fascista do Xeneral Franco, Amador Rey e Daniel
Niebla, durante unha protesta sindical nos estaleiros de Bazán no
Ferrol. Os acontecementos históricos de lembranza, son os que forxan a
conciencia propia dunha nación. As veces, son moitos os anos que pasan
ata o recoñecemento oficial do acontecemento; como neste caso, que ata
o ano 2006 non se recoñeceu oficialmente a celebración non festiva do
aniversario do funesto acto como “O día da clase obreira galega”.
Dende Esquerda Nacionalista Mocidade,
queremos facer unha lembranza destes acontecementos este ano mais que
nunca. Estamos nunha fonda crise económica que destrúe centos de postos
de traballo tódolos días na Galiza. As familias galegas vense día a día
mais afogadas economicamente e as macroeconomías deseñadas a nivel
mundial pouco o nada poden facer para mudar esta situación. Cando xa
ata os mais recalcitrantes Neocon recoñecen o fracaso do seu sistema
ultraliberal de economía, botase en falla a capacidade propia de Galiza
para artellar os resortes necesarios capaces de aliviar da mellor
maneira os graves danos que se lle están a producir a economía de
tódalas galegas e galegos. Nestes intres o único que ten a capacidade
necesaria para minimizar na medida do posible as consecuencias da nosa
situación é o Estado Español. Pero o Estado Español deseña a súa
política económica en Madrid. O Estado Español leva a Bruxelas unha
estratexia reivindicativa e de negociación, deseñada dende Madrid. Pero
todos estes deseños e estratexias madrileñas pouco o nada fan para
mellorar a calidade de vida das galegas e galegos pois o peso
especifico da Galiza dentro do Estado Español e minúsculo. As
competencias das que dispón a Comunidade Autónoma vense en situacións
coma esta claramente insuficientes. Galiza precisa contar coa
capacidade competencial propia dun Estado para poder deseñar e artellar
as estratexias mais aseitadas ao noso propio tecido económico. Porque
está claro que determinadas decisión económicas que son boas para
Murcia poden ser claramente prexudiciais para Galiza (e viceversa).
Ninguén mellor que nós sabe que é o que nos interesa e me ninguén
mellor que nós sabe o que nos fai falla.
A mocidade galega, gran afectada por
esta fonda crise, pasou de non ter capacidade real para a adquisición
dunha vivenda digan a non ter emprego directamente. O da vivenda nestes
intres xa pasou de ser una utopía para a mocidade a ser una verdadeira
entelequia.
O 8 de marzo
coñécese internacionalmente como o Día da Muller Traballadora, en homenaxe ás
mulleres asasinadas nunha empresa téxtil de Estados Unidos, en 1908, mentres
reivindicaban os seus dereitos laborais. Na fábrica na que mantiñan o seu peche
foi incendiada pola patronal con todas as mulleres dentro.
Desde entón,
nesta data, lémbrase que, a pesar dos avances tecnolóxicos e sociais máis
espectaculares do mundo desenvolvido, as mulleres seguen sufrindo situacións de
discriminación no ámbito laboral, como tamén no social e cultural, polo
queo 8 de marzo converteuse no Día
Internacional da Muller.
Nesteano, desde Esquerda Nacionalista Mocidade,
queremos reclamar a atención da sociedade galega acerca do importante papel da
Educación, en todos os seus niveis, tendo campo para eliminar calquera tipo de
discriminación e en especial a discriminación de xénero.
Un informe
de UNICEF sinálanos que o 65% da poboación infantil sen escolarizar son nenas,
e desta porcentaxe o 89% atópase no emisferio sur, onde a pobreza acentuouse
discriminando así a muller, repercutindo nos dereitos humanos máis
fundamentais.
O contorno
educativo debe protexer á infancia; as nenas e nenos alfabetizados teñen mellor
defensa diante dos abusos do traballo infantil, a explotación sexual, e fai que
sexan menos vulnerables ante calquera tipo de violencia.
Esquerda Nacionalista
Mocidade ten o deber de recordar neste Día Internacional da Muller que segue
existindo desigualdade de xénero en todo o mundo, por iso celebramos esta
xornada de reflexión e denuncia, co compromiso de promover actuacións para
eliminar estas situacións discriminatorias.
Non podemos
deixar este 8 de marzo sen mostrar o noso máis absoluto rexeitamento á
violencia que causa tantas mortes de mulleres inocentes, pola súa condición de
tales. Este "terrorismo afectivo" derivado dos conceptos patriarcais de
posesión, podería combaterse cunha coeducación efectiva familia-escola
encamiñada á consideración de todas as persoas por igual, sen distinción de
sexos.
A educación
na igualdade, a información veraz e a xustiza social permitirán que nos
desenvolvamos como persoas libres; libres para sentir, pensar e actuar por nós
mesmos, sen o sometemento duns sobre outros.