Destacamos

Secretario Nacional: Falabamos antes deste proceso electoral...
Seguir lendo.

 

 

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí

Calendario

Setembro 2010
L M X X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Sindicación

Inicio
Carta aberta da Mesa Comarcal de Vigo de EN.
A Mesa Comarcal de Esquerda Nacionalista de Vigo quere manifestarlle a esta Asemblea Comarcal do BNG de Vigo o seguinte:

EN foi convidada a participar nunha lista de consenso para a elección dos delegados e delegadas que participarían na vindeira Asemblea Nacional Extraordinaria, tanto a nível nacional polo Portavoz Nacional Anxo Quíntana como a nível comarcal Santiago Domínguez en representación do sector que imos denominar a partires de agora quintanista, para entendernos.

Chégase a un primeiro acordo de incluír 12 nomes da lista que propuxera EN, pero existe un problema: cuestionase a inclusión na lista do noso compañeiro Cesar Pazos, membro do Consello Local do BNG.

As razóns? Que trátase dunha persoa "excesivamente crítica". Esta claro que entendemos se  poida discutir sobre a porcentaxe de participación, mais de ningún xeito podemos tolerar que se veten persoas.

A negociación féchase en 9 persoas, toda vez que no cupo da UPG so se admiten tres nomes da nosa lista, e se retira o veto a César Pazos. O representante da UPG na mesa negociadora maniféstalle ao representante de EN na negociación que si ben César nunca iría nas súas listas, teñen acordado non vetar a ninguén da lista que presente Santiago Domínguez. Como aclaración ao dito anteriormente temos que informar que entre o quintanismo e a UPG repartíronse o 50% a totalidade da lista, deixando vacantes, cada parte, 15 postos para incluír persoas doutros partidos e colectivos, así como independentes.

Pois ben nas negociacións celebradas na última hora do día 23, entre os quintanistas e a UPG,esta, a UPG, négase a admitir a César Pazos como condición irrenunciábel para chegar a un acordo de lista única, co cal o noso compañeiro é retirado da lista.

Queremos deixar constancia de que Santiago Domínguez defendeu o acordo acadado con EN, aínda que na primeira fase das negociacións tamén manifestara as súas reticencias a incluír a Cesar nas listas, sendo, por tanto a UPG a única responsábel desta situación.

Chegados a este punto EN acorda retirarse da lista, non somentes por solidariedade co compañeiro Cesar, senon por que non pode tolerar de ningún xeito estas actitudes prepotentes e antidemocráticas. En canto ao noso compañeiro Antonio Araúxo, alcalde de Gondomar, entendemos que polo seu cargo debémolo deixar ao marxe deste conflito, e polo tanto, non consideramos vencellado por este acordo, debendo ser él quen decida libremente a postura a tomar para o mellor desenvolvemento da súa actividade política.

Non queremos rematar esta declaración sen facer unha breve reflexión á luz de todo o sucedido, que dalgún xeito xa se puxo de manifesto na pasada Asemblea nacional no documento político da Alternativa e da cal formaba parte EN.

Cara onde vaio o BNG? Que ésta a pasar cos seus principios fundacionais? O asemblearismo vai camiño de desaparecer na práctica, e non porque as Asembleas Nacionais xa non estean abertas a participación de toda a militancia, é que o debate político de fondo non se está a promover no conxunto da organización, nas súas bases, senón todo o contrario. O principio que sustenta o dereito á discrepancia pública esá de facto desaparecido, e varios casos poderiamos enumerar sobre este tema;o veto ao noso compañeiro é un caso máis que reflexa esta situación. E que está a pasar co pluralismo político dentro do BNG? Asumir este pluralismo foi o cerne do Proxecto Común que levou ao BNG en poucos anos a marxinidade a ser a segunda forza política da nosa Nación. Pois ben, este pluralismo, na práctica, está a desaparecer e, pola contra, estase a instaurar un bipartito que está a dificultar, e moito no tempos que leva camiño de impedir, a posibilidade de actuar libremente- por suposto sempre dentro do respecto  aos nosos estatutos- ás outras forzas políticas.O procedemento utilizado para a confesión desta lista única é un claro exemplo.

Constátase, xa de puxo de manifesto na anterior Asemblea nacional, que hai moita xente dentro do BNG que non está conforme coa deriva que vai tomado a nosa organización.  

Os que así pensamos temos a obriga de reflexionar e buscar os pontos que nos unen para atinxir a masa crítica necesaria que nos permita rachar con esta situación.

E coidamos que temos a obriga de facelo polo ben do BNG; traballando dentro e sen estridencias, mais coa vontade de superar esta situación por riba de cal queira outro interese. De non ser así o  BNG que se deseñou plural, diverso, aberto, integrador..., desaparecerá. Seguirá existindo, sen dubida, outro BNG, sustentado estruturalmente no poder, mais esta fórmula a moitos non nos gosta e parécenos arriscada.

Tense dito moitas veces que o mellor activo do BNG é a súa militancia. Pois así ten que volver a ser.

Compañeiros e compañeiras grazas por ternos escoitado. Desexámosvos  a todos e todas que teñades unha boa Asemblea Nacional e que esta sirva para reforzar ao compañeiro e Portavoz Nacional Anxo Quíntana como o noso candidato á Presidencia da Xunta.

Vigo 26 de Setembro do 2008
A Mesa Comarcal de Vigo de Esquerda Nacionalista
 
< Anterior   Seguinte >
Enlace con

Enquisa

Considera necesaria unha nova organización nacionalista fóra e independente do BNG?
 

AFILIATE

Enlace con
Enlace con