Destacamos

Ratificación na Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista Mocidade ( 11 de Xaneiro do 2009 ).
Seguir lendo...
 

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí

Calendario

Setembro 2010
L M X X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Sindicación

Inicio
CEN ANOS DE "EL PROGRESO"
Xosé Anxo Laxe Gustaríame, no nome do Bloque Nacionalista Galego así como de Esquerda Nacionalista, felicitar de xeito sentido, ao diario El Progreso polos seus cen anos de vida. É hoxe un luns coma aquel de 1908 no que nacía, no número 6 da rúa Manuel Becerra, o primeiro exemplar do xornal que xa é parte inseparable de Lugo e a súa provincia.

Ten que ser para esta Corporación Municipal este momento un momento nobre: outorgarlle a medalla de ouro da nosa cidade a quen leva 100 anos contando o que nela acontece e axudando a diario a transformala por medio do debate, a opinión e o motor das ideas.

No xornal de mañá quizais un titular a cinco columnas deixe constancia para a historia deste acontecemento. Quizais quen fai protagonistas aos demais ben mereza un día ser o protagonista da súa propia portada.

Queremos, dende o Bloque Nacionalista Galego, felicitar a todos os traballadores do Progreso, que manteñen aceso todos os días o facho das columnas de Cunqueiro e Ánxel Fole. E queremos tamén felicitarmos a todos os que o lemos a diario.

Van alá 32.477 números, pero gustaríame, para rematar, facelo cunha das frases coas que El Progreso se presentaba aos cidadáns de Lugo na mañá daquel luns 17 de agosto de 1908:

"Queremos atopar no favor do público e en servilo a razón da nosa vida. Así pensamos ser, así pensamos vivir, convencidos de que o éxito non se deixa fraguar nas sombras, un nimbo de luz rodéao sempre, a luz da verdade, a luz da franqueza".

Que así siga a ser por outros cen anos máis.

Xosé Anxo Laxe. Militante de Esquerda Nacionalista e Voceiro do Grupo Municipal do BNG en Lugo

 
< Anterior   Seguinte >
Enlace con

Enquisa

Considera necesaria unha nova organización nacionalista fóra e independente do BNG?
 

AFILIATE

Enlace con
Enlace con