Destacamos

Secretario Nacional: Estamos ante un novo tempo, un novo modelo de participación...
Seguir lendo...
 

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí

Calendario

Setembro 2010
L M X X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Sindicación

Inicio
Comunicado da Executiva Nacional

COMUNICADO DA EXECUTIVA DE ESQUERDA

NACIONALISTA A TODA A MILITANCIA

No día de hoxe 2 de Marzo de 2009, reunida a comisión executiva de Esquerda Nacionalista en sesión ordinaria, tendo como punto único da orde do día a avaliación do resultado electoral da convocatoria nacional celebrada no día onte, esta decidiu trasladar ao conxunto da militancia as seguintes conclusións que son o resultado da valoración feita:

PRIMEIRO.-  A  Executiva de Esquerda Nacionalista considera que  o resultado colleitado polo BNG neste proceso electoral é un fracaso estrepitoso e absoluto, sobre todo si se ten en conta que eramos goberno, e que polo tanto se tiñan a disposición todos os resortes, loxísticos e económicos  propios de quen exerce o poder. Nen sequer o multimillonario investimento da campaña foi quen de paliar minimamente o rotundo fracaso.

SEGUNDO.-  A xuízo de esta Executiva, as razóns de índole endóxena, que acarretaron estos nefastos resultados para o nacionalismo teñen a ver entre outras coas seguintes razóns:

·          Ausencia, en xeral, de ideoloxía na práctica da acción de goberno limitándose en boa medida,  a xestionar o herdado.

·         Ausencia de participación da militancia propiciada desde a dirección da organización o que se traduciu nunha perfecta disfunción entre a militancia e a acción do goberno

·         Reforma asemblear de consecuencias funestas para a convivencia interna da frente

·        Existencia de un corpus de militantes asalariados limitados só a transmitir  ordes, e que pouco ou nada aportaron a divulgación interna do traballo feito desde o goberno, a fornecer de argumentos á militancia para que ésta cumplirá o seu papel de testemuña de esa acción.

·        Non saber comunicar á cidadanía os logros conseguidos nas distintas áreas gobernadas polo BNG, e as súas consecuencias para o país.

·         Exceso de soberbia no exercicio do poder.

TERCEIRO.- A actual dirección do BNG ten sido advertida desde os albores da lexislatura, nomeadamente polos representantes de Esquerda Nacionalista nos órganos de goberno, dos perigos de este tipo de prácticas e do que isto podería acarretar. Constátase que sempre se fixo caso omiso de estos avisos.

CUARTO.- Os custos de perder  o goberno, de defraudar a cidadanía en nome do nacionalismo,vai supor, a xuízo de esta Executiva, un trauma difícilmente superabel  nun longo período, e consecuentemente a pérdida dunha formidabel oportunidade de levar ao BNG a ser a forza capaz de dirixir os destinos de Galiza como nazón.

QUINTO.- Para a Executiva de  Esquerda Nacionalista o futuro pasa por comezar un proceso serio de rexeneración democrática interna. Este proceso ten que permitir necesariamente a participación de TODA a militancia. E preciso que sexa certo o eslogan de que todos e todas somos necesarios e necesarias.

SEXTO.- Como propostas concretas a actual dirección considera as dúas seguintes:

·         A convocatoria urxente dunha Asemblea Xeral Extraordinaria aberta a toda militancia

·         A dimisión do Portavoz Nacional entendendo que éste debe asumir en primeira persoa as responsabilidades derivadas dos nefastos resultados colleitados no dia de onte, e preservar de este xeito ao BNG das consecuencias dun proceso de desgaste que lastren a sua  visualización como alternativa de goberno, que só será, como froito da preceptiva rexeneración democrática interna que reclamamos. 

 Este comunicado será distribuido entre toda a militancia e divulgado na páxina web do partido.

 En Compostela a 2 de Marzo de 2009

 
< Anterior   Seguinte >
Enlace con

Enquisa

Considera necesaria unha nova organización nacionalista fóra e independente do BNG?
 

AFILIATE

Enlace con
Enlace con