Destacamos

Candidaturas. Abstención no Consello Nacional do BNG
Seguir lendo...
 

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí

Calendario

Setembro 2010
L M X X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Sindicación

Inicio
COMUNICADO DA EXECUTIVA NACIONAL
Logo esquerda nacionalista A Comisión Executiva de Esquerda Nacionalista, após participar activamente por medio dos seus representantes no Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego, quere facer públicas as seguintes valoracións:

 1. Esquerda Nacionalista felicítase porque o máximo órgano de goberno entre asembleas do BNG teña asumido como propias aquelas demandas que o noso partido tiña feito no seu comunicado do día 3 de Marzo.

2. Esquerda Nacionalista valora positivamente o proceso que o citado Consello Nacional ven de aprobar, metodoloxicamente falando, e que terá como punto final a celebración dunha Asemblea que, si ben non é aberta a toda a militancia, si deberá garantir unha representación, cuantitativamente falando, similar a aquelas que foron máis concurridas na historia do BNG.

3. Esquerda Nacionalista, votou a favor do documento presentado no Consello Nacional, por considerar que alí se recollen os principais aspectos que, ao noso xuizo, deben ser obxecto de debate na vindeira Asemblea Nacional Extraordinaria, asi coma os principios que deben rexir a vida da organización frentista, casa común do nacionalismo organizado, e que necesariamente pasan por apostar polo plurarismo como valor enriquecedor e singularizador do BNG, o afortalamento da súa vida orgánica, a necesaria rexeneración democrática, e o recoñecimento da realidade actual do noso país ao que o BNG se debe presentar como unha forza capaz de ser alternativa de goberno.

4. Esquerda Nacionalista tomando como base este documento participará activamente por medio da súa militancia en todos os órganos do BNG nos que está representada, desenvolvendo os seus contidos e achegando a súa visión, co obxectivo de procurar o maior afortalamento do Bloque Nacionalista Galego como organización ao servizo de Galiza.

5. Finalmente Esquerda Nacionalista velará escrupulosamente porque, quer o proceso iniciado, quer os contidos a desenvolver tomando como base o documento aprobado, sexan realmente asumidos e polo tanto levados a efecto polo conxunto do BNG.  

En Compostela a 17 de Marzo de 2009

 
< Anterior   Seguinte >
Enlace con

Enquisa

Considera necesaria unha nova organización nacionalista fóra e independente do BNG?
 

AFILIATE

Enlace con
Enlace con