Destacamos

Acordos da Asemblea Comarcal de Vigo do día 2 de Maio de 2008.
Seguir lendo...
 

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí

Calendario

Setembro 2010
L M X X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Sindicación

Inicio
MÁIS DO MESMO NO BNG
Cesar Pazos, membro do Consello Local do BNG en Vigo
 
Despois das pasadas eleccións os actuais responsables da Dirección do noso BNG -que nos meteron nesta catástrofe non só electoral, desastre político e económico, xa me gustaría a min saber canto é a débeda e como imos saír dela- se volven a presentar para seguir dirixindo, problablemente, do mesmo xeito o Bloque. Aymerich é o mesmo que Quintana e, Guillerme é o mesmo que Francisco Rodríguez ou a UPG tradicional. Por estes lados non temos novas ideas para saír adiante. Mágoa de Teresa Taboas, máis sigo creendo nela. Tamén é certo que no "congreso" chegarán a un acordo para acabar cós Irmandiños. Tempo ó tempo. Noutro tipo de Organización con este balance de xestión, estaría claro o que pasaría cos actuais responsables da actual Dirección. Relevo.
 
Tres listas para a nosa organización que representa só o 16% (e baixando) do electorado na nosa patria. Demasiada guerra civil entre nós, e demasiado odio entre nós, que non é outra cousa que o stalinismo imperante nas formas. Somos moi pouca cousa, o 16% dunha parte de Galiza. Precisamos vernos entre nós con máis respeto as nosas propias diferencias. Qué podemos facer?
 
A fórmula para saír adiante é a unión de todos-as os que representamos a consciencia organizada de Galiza. A unión de todos-as, repito, somos somentes o 16% dunha parte da nosa patria. A unión e o pacto entre a UPG, Quintanistas, Irmandiños, Esquerda Nacionalista, etc... . E caras novas que deixen atrás rencores e relacións minifundistas, que deixen atrás relacions xa viciadas. Capacidade para contar con aqueles que si son os pilares históricos do nacionalismo organizado  máis, dando o relevo a persoas novas, sin medo. O método científico nos indica que si fas un experimento e non funciona e, o intentas de segunda vez e non funciona. Non o repitas, cambia.
 
É posible esa unión entre todos-as? Si, é cuestión de vontade e de antepoñer a patria ós nosos intererses particulares. É a patria somos todos-as, e coma todos-as esta é diversa.
 
No fondo falamos de Democracia real. Democracia Participativa.  De darlle forza o BNG coa práctica da Democracia e deixar atrás a consigna que a sustitue e o satalinismo.
 
< Anterior   Seguinte >
Enlace con

Enquisa

Considera necesaria unha nova organización nacionalista fóra e independente do BNG?
 

AFILIATE

Enlace con
Enlace con