Destacamos

Candidaturas. Abstención no Consello Nacional do BNG
Seguir lendo...
 

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí

Calendario

Setembro 2010
L M X X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Sindicación

Inicio
UNHA POLÍTICA LINGÜISTIÍCA INCENDIARIA

Unha política lingüística incendiaria
Por Manuel Portas. Militante de Esquerda Nacionalista

Mal pinta para a convivencia lingüística. As últimas declaracións do Conselleiro de Educación sobre as medidas que pretende levar adiante para regulamentar os usos lingüísticos no ensino, non só non introduciron doses de ponderación e prudencia nun ambiente xa de por si caldeado, senón que a maiores abriron novos interrogantes, mesmo legai s, sobre o modelo á carta que o PP quere instaurar nos centros educativos. Nada se debería obxectar sobre a consulta que se proxecta se esta fose unha máis das moitas que se tivesen realizado ou se fosen realizar, por exemplo sobre os métodos pedagóxicos para o ensino das matemáticas, ou o número de horas para a bioloxía, ou sobre o tipo de actividades que se deben utilizar para que o alumnado acabe tendo un dominio satisfactorio do inglés. Argumentarase, e con razón, que para estes cometidos están os profesionais e a administración. E para fixar a maneira de conseguir o obxectivo legal da igualdade na competencia entre galego e castelán na mocidade, non?

Nin sequera se cita o Consello Escolar de Galicia, onde están representados profesorado, pais e nais, alumnado, ademais dos centros privados e movementos de renovación pedagóxica, universidade, e mesmo entidades empresariais, que, xunto coa administración, constitúen un foro democrático no que até o momento se debateron as grandes cuestións que afectan ao ensino.
Quizá sexa porque os sindicatos do profesorado criticaron desde o principio a proposta de derogación do decreto vixente. Quizá porque as ANPAS dos centros públicos non bailan ao son que ditan nalgúns despachos ou desde determinados colectivos galegófobos. Ou quizá porque a opinión do alumnado, o menos escoitado, poida saír contestataria. Que se pretende facer? Un referendo? Un estudo de sondaxe? A quen se lle vai preguntar? Ou é que os sectores aos que se lles quere dar altavoz non teñen representatividade social? Se o papel que se lle pretende dar ao Consello Escolar de Galicia nun asunto desta magnitude é de simple comparsa, debería presentar a súa dimisión en pleno. Mais a demostración máis evidente da imprudencia do Conselleiro foi a insinuación de que estaba aberta a espita para a segregación do alumnado por razón de lingua.

Ademais de ser unha medida innecesaria para unha sociedade permeábel á comprensión entre os usuarios das dúas linguas, unha posibilidade dese tipo sería explicitamente contraria á Lei de Normalización Lingüística, dificilmente abordábel cos planteis actuais dos centros e un incremento inxustificábel de gasto público. Contodo, a peor das consecuencias sería que acabaría dividindo aos galegos en dúas castas diferentes, en dous colectivos que hoxe por hoxe non marcan as súas diferenzas lingüísticas na convivencia ordinaria. Nalgún centro, as aulas en galego poderían converterse no furgón de cola. Viajeros al tren, y los gallegos también, escoitábase nalgunha estación de tren na época franquista. Resulta evidente a estas alturas que o Partido Portugal mudou o seu compromiso coas señas de identidade do país. Do discurso pseudogaleguista de Fraga, que levou a Cuíña a situar o PPdeG no borde da autoidentificación, pasou a colocarse noutro borde, o que ocupa a nova fornada de supostos xestores asépticos con mentalidade de sucursal delegada. Da boina só fica unha leve lembranza, e o birrete, mellor dito, a chisteira, fainos lembrar algún debuxo de Castelao. O galego non se sente no bandullo.

 
< Anterior   Seguinte >
Enlace con

Enquisa

Considera necesaria unha nova organización nacionalista fóra e independente do BNG?
 

AFILIATE

Enlace con
Enlace con