|
Inicio
|
|
 A asociación SOLIDARIOS CON IRAN convoca a todos os cidadáns a unha manifestación ante o Ministerio de Asuntos Exteriores en Madrid mañá venres 19 de xuño ás 18:00 h. As eleccións presidenciais iranianas do 12 de xuño daban como vencedor ao até agora presidente, Mahmud Ahmadinejad. Algúns dos partidos da oposición entre os que se atopa o candidato opositor, Mir Husein Musaví, denunciaban a existencia de fraude no proceso electoral. Desde entón veñen repetindo protestas cidadás nas rúas de Teherán e moitas outras cidades iranianas. . A resposta das autoridades iranianas non se fixo agardar, peche de periodicos nacionais e fortes restricións aos medios de comunicación estranxeiros para o cubrimiento das manifestacións, detención de decenas de lideres reformistas, intelectuais e xornalistas, bloqueo de páxinas web para impedir a circulación de informacións, corte do sistema SMS, un dos poucos medios dos que a xente dispón para circular información, prohibición a calquera tipo de manifestación e unha fortísima represión policial enviando ás rúas e residencias de estudantes a policias e "Basij" milicianos islámicos. Segundo fontes oficiais durante a manifestación de protesta do luns, ademais de varios feridos, morreron polo menos oito persoas en Teherán, a capital de Irán. . Ante a flagrante violación de valores universais como o proceso democrático, a liberdade de expresión e o dereito da xente a manifestarse de xeito pacífico, desde a Asociación SOLIDARIOS CON IRAN e sob o lema Onde está o meu voto? convocámosvos a unha manifestación perante o Ministerio de Asuntos Exteriores para demandar que o goberno español non recoñeza os resultados da primeira volta das eleccións presidenciais iranianas do 12 de xuño como xa o fixo o goberno francés. http://www.solidariosconiran.org/ Podes ver unha impactante galería fotográfica: AQUI...
Desde a Esquerda Nacionalista queremos manifestar o noso total apoio á convocatoria da manifestación e xa que logo, a nosa solidariedade coa xusta loita do pobo iraniano pola Democración e a Liberdade.
|
|
|
AFILIATE
|